martes, 5 de junio de 2007

Rally Do Cocido

Bueno pois aquí estou para darvos a tabarra cos puñeteros Rallyes.....
Neste 2º episodio vouvos resumir a grandes rasgos o rallye do Cocido de Lalín.
Este rallye para miin foi moi especial xa que me estrenei como Comisario técnico (Verificador)

O rallye empezou para mín o venres as 15H, cando cheguei a Lalín ca miña Licencia en Man disposto ajoderlle o fin de semana a algún Piloto....Bueno para os que non saibades moito deste mundo os comisarios técnicos son os encargados de mirar o día antes a proba se os coches están conforme as normas da federación Internacional do Automovilismo (FIA) e mirar as normas de Seguridad para que non haxa riscos para os pilotos.

Pois sendo novato na escudería de Lalín escolleronme como Xefe das Verificacións técnicas.. (tan tolos....) A verdade e que todo saiu a pedir de boca, o malo e que eu terminei as 5 da mañá (sin cenar...) e tendo que voltar as 7 a Lalín para estar na salida dos coches do Haley para facer a respectiva acta.....

Despois o día foi tranquilo xa que me dediquei a facer de "xefe" mirar como iba todo e traballar un pouco o final do día.....

E claro como non puido faltar o Cocido de Lalín de Cea...
Bueno pois apartires dese día fun fichado pola escudería Lalín Deza....Coñecin moita xente e aprendin moitas cousas......

Bueno para o proximo tocame contarvos o Rallye de Portugal...Este sí e un rally!!!

As Fotos son De Carlos mcfotos a Estrada e de J.Moire!

P.D a 1º Foto son eu exercendo o meu "Curre" e a 2º e a do Vencedor do cocido Bamarti(O Noso José e mais Manolo!!!)

saudos meus!